00:01 h. miércoles, 22 de mayo de 2024
Eloy Saavedra

Radio Galega e soberbia

Presidente Sociedade Caza e Pesca de Xuvia

Eloy Saavedra | 07 de mayo de 2014

La soberbia es una discapacidad que suele afectar a los pobres infelices mortales que se encuentran de golpe con unja miserable cuota de poder. José de San Martín (1778-1850).

Decía nun artigo que publiquei no número 24 (marzo 2014) do Xornal Trueiro, citando a Sócrates, ''O orgullo enxendra ó Tirano''.

Pois ben, non debía estar moi desatinado o ateniense hai 2400 anos cando sentenciou desta maneira.

O caso é que a realidade é teimuda e o tempo corre en contra do soberbio e do mentireiro.

A estas alturas sairon os datos do EGM (Estudio General de Medios) e concluén que logo da artistada perpetrada entre a inefable Directora da Radio Galega e á súa segunda de a bordo a tal Gloria Ferreiro, Xefa de Programas, para sacar de antena o programa “Ríos e Montes” e sustituilo por outro ''mas mejor'', as cousas non sairon como pretendían vendernos e todo foi un soño dunha noite de verán.

Os datos da 1º oleada do EGM neste ano son claros. O novo programa que ven a sustituir a “Ríos e Montes”, chamado “Caza e Pesca na Galega”, non acadou nin un só ouvinte neste estudo.

Agardo que neste caso se entoen lamentacións e desculpas varias, pero non que se asuman responsabilidades. Non é o estilo de Españistán!

En calquera caso, e logo de dilapidado o capital de 42.000 oíntes do programa anterior, non me queda mais que desexarlle ó Rapsoda de Vimianzo mellor sorte na próxima virada. E que ultimamente non lle sae unha a dereitas e anda o probe algo desbaratado...

Xa o decía o sumiller: os experimentos, con gaseosa!

Otras opiniones
Autores de opinión