00:41 h. miércoles, 01 de mayo de 2024

O Seprona e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, deron por finalizado o operativo especial pola vertedura no afluente do Miño

trueiro.com  |  07 de abril de 2015 (12:47 h.)

Medio ambiente, Seprona e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil conclúen os traballos de recollida de fauna e toma de mostras no afluente do Miño afectado por unha vertedura o pasado mércores.

Medio ambiente, Seprona e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil conclúen os traballos de recollida de fauna e toma de mostras no afluente do Miño afectado por unha vertedura o pasado mércores.

A vertedura tivo lugar no regato de Robra, no concello de Outeiro de Rei

A fauna afectada: 2.136 espiñentos, 891 troitas, 271 bogas e dúas anguías.

Santiago, 4 abril de 2015.

A Consellería de Medio Ambiente, o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, deron por finalizado o operativo especial desenvolvido como consecuencia da vertedura que tivo lugar o mércores no regato de Robra, afluente do río Miño, no concello lugués de Outeiro de Rei.

A Xunta desprazou axentes ambientais e vixilantes á zona, que recolleron mostras. Aínda que está previsto volver á zona por se houbera algunha incidencia, o operativo recolleu un total de 2.136 espiñentos, 891 troitas, 271 bogas e dúas anguías. Estes exemplares de fauna afectada serán analizados, así como as mostras tomadas no río, co obxectivo de esclarecer as causas da vertedura o antes posible.

Nos próximos días comezarase cos análises das mostras recollidas para dilucidar a responsabilidade da vertedura e o seu impacto. Non se descartan máis tomas de mostras en vindeiras xornadas conforme se vaia avanzando na investigación dos feitos.

 

Hemeroteca