00:21 h. miércoles, 01 de mayo de 2024

Gonzalo Mosqueira Martínez, novo director de Augas de Galicia

Trueiro  |  03 de julio de 2014 (10:53 h.)
Ethel Vazquez preside as tomas de posesion do novo director da axencia galega de infraestructuras, francisco menendez e o novo director de aguas de galicia, gonzalo mosqueira
foto: ana varela

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, presidiu a toma de posesión de Gonzalo Mosqueira Martínez como novo director de Augas de Galicia e de Francisco Menéndez Iglesias como novo director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, presidiu a toma de posesión de Gonzalo Mosqueira Martínez como novo director de Augas de Galicia e de Francisco Menéndez Iglesias como novo director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).

O novo director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, é enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos e licenciado en Dereito, e ten un máster en Xestión Fluvial Sostible e Xestión Integrada de Augas. A súa experiencia profesional, dentro da Administración autonómica, centrouse no departamento de Augas de Galicia que agora vai dirixir, ocupando postos de relevancia como o de xefe de sección no departamento de Obras de Augas de Galicia, dende xaneiro de 2012 ata a actualidade. Tamén é membro da Comisión Técnica do Pacto Local da Auga.

Así mesmo, ten ampla experiencia académica posto que foi profesor asociado a tempo parcial da Universidade da Coruña, departamento de métodos matemáticos e de representación da E.T.S. de Camiños, Canais e Portos, dende abril de 2002 ata a actualidade; e profesor asociado a tempo completo da Universidade da Coruña, departamento de métodos matemáticos e de representación da E.T.S. de Camiños, Canais e Portos.

A conselleira de Medio Ambiente concretou que Gonzalo Mosqueira “coñece o departamento de Augas de Galicia á perfección, polo que saberá dar a resposta axeitada a retos como o desenvolvemento do Pacto local da auga, ou a tramitación da nova planificación hidrolóxica 2015-2020, e os progresos definitivos no saneamento das rías, de cara ao cumprimento da Directiva marco da auga en 2015.

Ethel Vázquez explicou que “no caso de Francisco Menéndez, o seu compromiso quedou plenamente reflectido cos logros acadados ao longo destes catro anos á fronte de Augas de Galicia”. Así, concretou que “durante o seu mandato, avanzouse poñendo en servizo estacións depuradoras tan importantes como a de Punta Avarenta, en Ferrol, ou a de Ribadumia, e licitáronse outras, como a da Barcala, Gandarío ou Malpica”.

Nesta etapa de Augas de Galicia, en colaboración co Estado iniciáronse obras como as depuradoras de Ourense e Vigo e os colectores de Ferrol. Tamén se licitou a depuradora de Ribeira, que se adxudicará nas vindeiras semanas.

Cómpre lembrar que tamén se aprobou o primeiro Plan hidrolóxico Galicia-Costa e deuse inicio aos primeiros contactos para acadar o Pacto local da auga.

Xunta de Galicia

Hemeroteca