11:04 h. martes, 21 de mayo de 2024

A Xunta renova o plan de aproveitamento da anguía na desembocadura do río Tambre para o 2015

trueiro.com  |  10 de marzo de 2015 (21:29 h.)

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas renova o plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Tambre para o ano 2015.

Ao tratarse dunha renovación, non dun novo, mantéñense as principais características do plan inicial. A zona de pesca é a desembocadura do río Tambre, a comprendida entre a liña que une Punta Testal con Punta Requeixo e Pontenafonso

O período vai dende o 1 de maio ao 30 de setembro

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas renova o plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Tambre para o ano 2015. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se aproba a renovación no mesmo, polo que –ao non ser un novo plan-, mantén as principais características do plan inicial, aínda que con algunha novidade.

O número máximo de días previstos de actividade será de 131 días por tempada, e as labores de pesca suspenderanse desde as 12.00 horas dos sábados ata as 12.00 horas dos luns, con carácter xeral. O máximo de horas diarias de traballo será de oito (8), debendo ser levantadas diariamente as nasas.

A zona obxecto das capturas é a desembocadura do río Tambre, a comprendida entre a liña que une Punta Testal con Punta Requeixo e Pontenafonso.

En relación co número de aparellos ou artes de pesca, o total non poderán empregarse en cada unha das zonas descritas máis de 10 nasas tipo butrón por tripulante. O número de embarcacións autorizadas é de dúas, con dous tripulantes cada unha delas.

Ao igual que na tempada anterior, mantense a cota total autorizada da anterior tempada, fixada nun máximo de 1.000 quilos para todas as embarcacións. A dimensión mínima das anguías capturadas será de 20 cm.

Tal e como se recolle na resolución publicada hoxe, devolverase ao río calquera outra especie que entre nas nasas. Só se autoriza a captura da anguía na fase do seu ciclo vital denominada “anguía amarela”, e deberanse devolver á auga, inmediatamente despois da súa captura, todos os exemplares con signos externos propios da fase denominada “anguía prateada”.

 

Hemeroteca