00:07 h. miércoles, 01 de mayo de 2024

X Campionato de pesca “Terra de Melide” - Asociación de Troiteiros “Río Furelos”

trueiro.com  |  13 de abril de 2015 (15:12 h.)
Os 7 magníficos X Campionato de pesca “Terra de Melide” - Asociación de Troiteiros “Río Furelos”

O sábado, 11 de abril, tivo lugar nas augas do río Furelos (Melide-Toques) o X Campionato de Pesca organizado pola Asociación de Troiteiros “Río Furelos”.

O sábado, 11 de abril, tivo lugar nas augas do río Furelos (Melide-Toques) o X Campionato de Pesca organizado pola Asociación de Troiteiros “Río Furelos”.

A convocatoria tivo moito éxito e a sorte estivo moi repartida porque os agraciados no sorteo foron pescadores de Melide, Toques, Sobrado, Friol, Monterroso, Arzúa, Curtís, Oroso, Agolada, Lalín, A Fonsagrada, A Estrada, Pontevedra, Santiago e Lugo.

En total pescáronse 71 troitas da medida.

A xornada comezou ás 7:30 da mañá na Churrería O Burato, onde se reuniron os 15 participantes que a deusa Fortuna escolleu de entre os 120 pescadores inscritos. Alí, despois do preceptivo chocolate con churros, procedeuse ao sorteo dos tramos de río (de 700 metros) que ocuparía cada troiteiro, todos con cadanseu xuíz.

Ás 8:30 deu comezo a competición e rematou coa concentración dos participantes ara xuntárense todos na praia fluvial ás 13:30 h. Mentres a organización os agasallaba cuns pinchos, levouse a cabo o reconto e medición das capturas. Rematados os labores de control por parte de representantes da Asociación o resultado da competición foi o seguinte:

 

Clasificación:

Campión: Luis Frade Prado, “Chacho” de Oroso, con 10 troitas.

 

2º clasificado: Jesus Rouco Varela, de Toques, con 7 troitas.

3º clasificado: Manuel Sánchez Varrela, de Melide, con 7 troitas.

O premio á peza máis grande foi Jesus Lamas Aller, de Friol, cunha peza de 29,5 cms.

Na mesma Praia Fluvial tributóuselles un recoñecemento simbólico aos gañadores, porque a entrega de premios ficou reservada para o xantar que se celebrou ás 14:30 na Pousada Chiquitín de Melide.

Ademais dos premios tamén houbo agasallos en forma de material para todos os participantes.

A directiva da Asociación de Troiteiros “Río Furelos”, manifesta a satisfacción polo impecable desenvolvemento do campionato, o extraordinario comportamento dos participantes e a profesionalidade dos xuíces que controlaron todo o proceso.

En nome da Asociación, felicito publicamente aos gañadores e a todos os participantes, ademáis de agradecer o esforzo de institucións, Gardería do Servizo de Conservación da Natureza, empresas e particulares que colaboraron coaganización.

Melide 13 de abril de 2015.

O Presidente da Asociación de Troiteiros “Río Furelos”.

Xavier Pazo Blanco.

 

Hemeroteca