14:09 h. martes, 21 de mayo de 2024

XI Campionato de pesca "Concello de Rois"

Trueiro  |  28 de abril de 2014 (17:33 h.)
Campeonato Concello de Rois.

O venres 18 de abril disputouse a decimoprimeira edición do Campionato de Pesca Fluvial “Concello de Rois” que organiza o Club de Pesca Deportiva Londra na modalidade, como sempre, de pesca sen morte.

O venres 18 de abril disputouse a decimoprimeira edición do Campionato de Pesca Fluvial “Concello de Rois” que organiza o Club de Pesca Deportiva Londra na modalidade, como sempre, de pesca sen morte.

Este campionato reúne a alguns pescadores da élite da pesca galega na modalidade de lance. Este ano, na categoría Senior, participaron varios campións galegos, campións provinciais, membros da Selección Galega de Lance e un campión de España por equipos.

Tamén hai que destacar os participantes na categoría Xuvenil, xa que estes veñen de acadar a temporada pasada o subcampionato no Open de España de Pesca, atesourando tamén nas pasadas temporadas outros dous títulos de campións do Open de  España. Nesta categoría, cómpre destacar a Jesús Canicoba Aboy, que pese a súa corta idade ten no seu palmarés os mismos títulos por equipos que os seus compañeiros, contando tamén a título individual con  tres títulos de campión no Open de España, poñéndollo estes rapaces cada vez máis difícil e complicado aos da categoría Senior.

Ás 07:00 h, os trinta pescadores inscritos e os acompañantes déronse cita na Taberna o Pemento de Seira onde logo do preceptivo sorteo para os emparellamentos e as mangas, trasladáronse ao esceario da proba, o Couto de Rois. A mañá amencía moi fría, con neboa e non auguraba unha boa pescata. Nada que ver coas temperaturas das que disfrutamos na xornada anterior cunha climatoloxí venariega con mais de 25º de temperatura.

Ás 8:00 h, daba comezo a primeira manga de duas horas.

Entregadas as plicas da primeira manga, os presaxios cumpríanse e os participantes que tiveron en sorte pescar na primeira manga presentaban uns pobres resultados, somente cinco troitas capturadas entre todos.

Logo do refrixerio, do cambio de controis e dun derscando dunha hora, daba comezo a segunda manga sem moitos cambios nas condicións climatolóxicas. A pouco de comezar, parecía que a neboa queria levantar e incluso asomou algunha raioliña de sol entre as nubes.

Á conclusión desta segunda manga se confirmaba que se pescara mellor que na primeira.

A Dirección Deportiva do campionato pechaba o posto de control cun total de 46 pezas capturadas e daba a coñecer a clasificación:

 

CATEGORIA SENIOR:

1º. JOSÉ LUIS BLANCO

2º. JAVIER TORRES

3º. JOSÉ EIRAS

4º. RAMÓN BERNÁRDEZ

5º. MIGUEL PIÑEIRO

 

CATEGORÍA XUVENIL:

1º. RICARDO PEREIRA

2º. JESUS CANICOBA

2º. ALEJANDRO BLANCO

4º. MARCOS FERRO

 

CATEGORÍA DAMAS:

1ª. CARLOTA GUIMAREY

2ª. MELANIE GESTOSO

3ª. ALBA CASTRO

4ª. NIEVES IGLESIAS

 

PEZA MAIOR:

JOSÉ EIRAS RODRÍGUEZ cunha troita de 27 cm

 

Acto seguido, pescadores, acompañantes e organización, gozaron dun xantar de confraternidade no Bar-Restaurante Bernabé, onde tivo lugar a entrega de premios e o sorteo de numerosos regalos entre todos os participantes.

Cabe destacar neste acto, a homenaxe que o Club de Pesca Deportiva Londra lle fixo a tres colectivos que colaboran activamente co clube: Emerxencias Rois Voluntariado, Distrito IV da Gardería de Medio Ambiente e a Gardería Privada do Couto de Rois, aos cales se lle entregaron sendas placas de homenaxe e agradecemento a sua decidida colaboración.

O Clube de Pesca Deportiva Londra quere agradecer a colaboración dos patrocinadores, das casas comerciais, firmas do sector da pesca, grupos e páxinas de internet, á prensa escrita e a todos os que dalgunha maneira tiveron a xentileza de axudarnos para poder organizar e levar a cabo este XI Campionato de Pesca Fluvial “Concello de Rois”.

Hemeroteca