11:04 h. martes, 21 de mayo de 2024

Artesáns da pesca, Unha aposta pola artesanía galega

Trueiro  |  25 de abril de 2014 (13:19 h.)
Presentación en el Corte Inglés de Santiago.

O Salón de Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago acolleu a presentación de “Artesáns da Pesca”, grupo de dezaseis montadores de moscas e productores de artigos e complementos de pesca.

O Salón de Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago acolleu a presentación de “Artesáns da Pesca”, grupo de dezaseis montadores de moscas e productores de artigos e complementos de pesca.

Por iniciativa do Grupo MiguelPesca, estes artistas do torno, da creación e da montaxe de todo tipo de complementos de pesca acadaron a CARTA DE ARTESÁN da XUNTA DE GALICIA e quedaron inscritos no Rexistro Xeral de Artesáns da administración autonómica.

En representación do Presidente da Xunta de Galicia, entregaron as “Cartas de Artesán” a Directora Xeral de Comercio, Dª Nava Castro,O Director Xeral de Conservación da Natureza, D. Ricardo García-Borregón Millán e a Xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Dª Elena Fabeiro.

Asistíu, así mesmo, o Presidente da Asociación Galega de Artesáns Tradicionais, D. Albino Quinteiro, que foi un dos impulsores e verdadeiro artífice do proceso.

O acto foi presentado polo Director de Relacións Externas de El Corte Inglés, José Manuel Blanco que deu paso a que Miguel Piñeiro fixese un percorrido pola memoria que os artesáns presentaron á Comisión Galega de Artesanía.

Os Artesáns que recibiron as credenciais son:

JULIO SEIJAS

OSCAR GAYOSO

ALBERTO MERA

SUSO VILAR

ELOY SAAVEDRA

FERNANDO COMBA

FRANCISCO PORTO

MANUEL GARCIA

NOELIA GAYOSO

JOSE MANUEL BALDONEDO

JUAN JOSE GAYOSO

LUIS PIÑEIRO

MIGUEL SEOANE

JORGE RODRÍGUEZ MADERAL

XAQUÍN L. MUÍÑOS

ANDRÉS TOUCEDA

PRINCIPIOS E OBXECTIVOS de “ARTESÁNS”:

- Divulgar a artesanía da montaxe fóra de Galicia

- A defensa do mundo da pesca como actividade lúdico-deportiva

- A dignificación e potenciación da montaxe artesanal de moscas, señuelos e complementos de pesca

- A organización e desenvolvemento de cursos de montaxe em colaboración côa Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con

- A dinamización do sector da montaxe e da creación

- A defensa do producto autóctono fronte as intromisións de mercados foráneos

- Estipular un código profesional para a comercialización de complementos de pesca

 

O grupo de artesáns estará dirixido por un Comité Directivo que estará coordinado por Julio Seijas. A función de Secretario-Tesoureiro correrá a cargo de Eloi Saavedra. As vocalías son para os restantes integrantes do grupo.

Ademáis quedou constituida a Comisión de Admisión que deberá analizar e estudiar as novas altas e incorporacións que previamemte deberán realizar un curso na Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con.

A Comisión de Admisión está formada por Fernando Cobo (Coordinador), Alberto Mera e Fernando Comba.

Hemeroteca