00:01 h. miércoles, 22 de mayo de 2024

Os acordos de custodia fluvial son un paso adiante na relación da sociedade cos ríos e o seu coidado

trueiro.com  |  07 de abril de 2015 (12:50 h.)
O director de Augas de Galicia participou nas Xornadas técnicas de Capacitación para o fortalecemento de entidades galegas de Custodia do Territorio

O director de Augas de Galicia sinala que este tipo de colaboracións poden referirse a accións puntuais como limpezas de residuos u repoboacións, como experiencias, como a promoción de prácticas agrarias para a reducción da contaminación difusa

O director de Augas de Galicia sinala que este tipo de colaboracións poden referirse a accións puntuais como limpezas de residuos u repoboacións, como experiencias, como a promoción de prácticas agrarias para a reducción da contaminación difusa

Unha das vantaxes é que estas actuacións se levan a cabo na zona de dominio público, que é de toda a sociedade polo que non é necesario chegar a acordos con propietarios, só ter a autorización oportuna

O director de Augas de Galicia participou nas Xornadas técnicas de Capacitación para o fortalecemento de entidades galegas de Custodia do Territorio

Santiago, marzo de 2015.

O director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, salientou que os acordos de custodia fluvial son un paso adiante na relación da sociedade cos ríos e co seu coidade. Explicou que xorden do propio interese dunha parte da poboación en afondar no coidado e na posta en valor dos ecosistemas fluviais, promovendo neles melloras respectuosas co medio natural.

Así o puxo de manifesta durante a súa intervención nas nas Xornadas técnicas de Capacitación para o fortalecemento de entidades galegas de Custodia do Territorio, onde argumentou que a custodia fluvial pretende involucrar aos diferentes actores que participan na xestión dos ecosistemas fluviais. Para iso, promóvense acordos voluntarios entre entidades de custodia, administracións públicas con competencias na planificación e xestión dos sistemas hídricos, propietarios privados e usuarios dos ríos, tales como pescadores.

Os acordos de custodia fluvial pódense concretar en convenios de xestión, concesións, autorizacións ou contratos de servizos. As actividades que se desenvolven no marco dos acordos poden ser moi diversas, dende accións puntuais, como limpezas de residuos, repoboacións forestais con árbores de ribeira ou restauración de camiños de ribeira; a outras experiencias que conlevan estratexias de xestión máis complexas, como a promoción de prácticas agrarias para a redución da contaminación difusa.

Mosqueira Martínez tamén destacou que se conta coa vantaxe dun marco normativo favorable, ao desenvolverse no Dominio Público Hidráulico e as súas zonas de servidume e policía. O dominio público hidráulico xa é de todos, de toda a sociedade, polo que non hai propietarios cos que chegar a acordos, só hai que ter autorización da administración, puntualizou.

Para rematar, o director de Augas de Galicia resumiu que os acordos fluviais son unha ferramenta innovadora que serve para implicar á sociedade na conservación dos ecosistemas acuáticos. A custodia fluvial complementa a acción das administracións públicas, con solucións que solventan as súas propias limitacións competenciais ou de recursos económicos e humanos.

Xunta de Galicia.

 

Hemeroteca