00:01 h. miércoles, 22 de mayo de 2024

Convocatoria de eleccións da FGP (Federación Galega de Pesca)

trueiro.com  |  14 de noviembre de 2014 (12:37 h.)
Federación Galega de Pesca

A Federación Galega de Pesca e Casting procederá á elección da súa Asemblea Xeral, Presidenta ou Presidente e a Comisión Delegada no ano 2014.

Sobre a base das competencias emanadas dos Estatutos da Federación  Galega de Pesca e Casting  e da Orde do 8 de Setembro de 2010, publicada no  DOG NÚMERO 174 do xoves, 9 de Setembro de 2010, da  Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se establecen os criterios para a elaboración de regulamentos e realización dos procesos electorais nas Federacións Deportivas Galegas, Convócanse eleccións dos órganos de goberno, Asemblea Xeral, Presidente e Comisión Delegada da Federación  Galega de Pesca e Casting, con representatividade durante o período 2015 ata o 2019.

En consecuencia, dende hoxe (13-11-2014) ata que finalice o proceso electoral, constitúese a Xunta Electoral de la Federación Galega de Pesca e Casting:

Presidente - Manuel Alfonsin Marnotes

Secretario - Félix Rodil Alvarez

Vogal - Victor Serantes Chantada

Suplentes:

Zaida López Bellas

Manuel González Martínez

Manuel Calvete Díaz

Así mesmo, dende hoxe, a  Xunta  Directiva  da FGPEC queda disolta, constituíndose en Comisión Xestora que non poderá realizar máis que actos de mera administración e trámite.

 

Hemeroteca