00:01 h. miércoles, 22 de mayo de 2024

Denuncia del sindicato CSI-F por contratos de presunta utilización fraudulenta

Trueiro  |  11 de junio de 2014 (16:35 h.)
Verónica Tellado Directora General de Conservación de la Naturaleza de la Xunta de Galicia.

La Central Sindical Independiente de Funcionarios denuncia a ante el secretario xeral de la Consellería de Medioambiente la "presunta utilización fraudulenta de contratos de consultaría, servizos e asistencia técnica na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas".

Por el interés, reproducimos íntegro el texto de la demanda sindical:

Asunto: Denuncia sobre presunta utilización fraudulenta de contratos de consultaría, servizos e asistencia técnica na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos celebrada o pasado 30 de maio de 2014, esta Central Sindical solicitou á representante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutura información sobre a suposta incorporación, en fechas pasadas recentes, dunha traballadora da empresa Tragsatec á Dirección Xeral de Conservación para a realización de tarefas de apoio técnico-administrativo a través dun contrato de asistencia técnica.

Dita solicitude de información trae causa dunha denuncia formulada ante este sindicato por varios traballadores de dita Consellería na que amosan o seu malestar polo feito de que, mentres os empregados públicos seguen a ser obxecto de recortes nos seus dereitos laborais e económicos, por determinados órganos de dirección se está a recorrer a contratos de consultaría, servizos ou asistencias técnicas como sistema de contratación de traballadores para prestar servizos na Administración ao marxe dos principios igualdade, mérito e capacidade.

De ser certos os feitos denunciados, isto supón un suma e segue a este tipo prácticas por parte da actual Directora Xeral de Conservación pois, segundo afirman os citados traballadores, dita Directora Xeral cando ocupaba o cargo de Subdirectora Xeral de Residuos e Solos Contaminados, tamén na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, recorreu, presuntamente, a este tipo de contratacións ilícitas e favor de persoas coas ca mantén intima relacións de amizade nuns casos ou sentimental noutro.

Por todo isto, desde a Central Sindical Independente e de Funcionarios solicitamos formalmente a apertura dun expediente informativo de cuxo resultado se de conta a esta organización.

Consideramos que en todo momento, pero sobre todo, no momento actual, constitúe unha responsabilidade ineludible dos poderes públicos perseguir este tipo de prácticas ilícitas e sancionar de xeito exemplar aqueles.

Altos Cargos da Administración que coa seu comportamento defraudan aos empregados públicos e a sociedade galega e poñen en entredito o compromiso do goberno galego de poñer fin ás contratacións de persoal para prestar servizo na Administración a través de prácticas fraudulentas.

Por último, dende a CSI•F queremos poñer no seu coñecemento que, transcorrido un prazo prudencial sen que reciba información veraz sobre os feitos denunciados e, de comprobarse a súa veracidade, sen que se adopten

ás medidas correctoras e sancionadoras que correspondan, procederá a poñer os feitos en coñecemento do Ministerio Fiscal por si foran constitutivos de ilícito penal.

Do presente escrito dáse traslado á Secretaría Xeral da Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para o seu coñecemento.

Hemeroteca