08:33 h. martes, 21 de mayo de 2024

Desesperación e impotencia da directiva da Asociación de Troiteiros Río Furelos nos sorteos dos cotos

trueiro.com  |  13 de enero de 2015 (21:26 h.)
logo da asociación de Troiteiros "Rio Furelos"

DESESPERACIÓN E IMPOTENCIA

A directiva da Asociación de Troiteiros "Río Furelos" quere manifestar a súa queixa máis firme polo acontecido no primeiro día de sorteo dos cotos.

Onte Iuns, a partir das nove da mañá comezou o sorteo dos cotos de pesca para a vindeira temporada. Ademais de podelo facer de maneira presencial e telefónicamente, a Consellaría habilitou unha aplicación informática para poder participar no citado sorteo. Pois ben, ningún membro da Asociación (nin de outros colectivos) que o intentou Iogrou completar o trámite a través da web porque nun momento dado na aplicación aparece a mensaxe "Erro tratando de ler os datos da solicitude" mensaxe que se reiterou ao longo de todo día. As persoas que puideron achegarse ás Delegacións ou chamaron por teléfono tal vez puideron escoller no sorteo. Outros moitos por distancia ou motivos de traballo ficaron de pedra sen poder facer nada. Non parece xustificable que durante todo o día a aplicación dea o mermo erro sen que ninguén intente solucionalo.

Dado o prexuízo causado a tantos pescadores, consideramos que a Consellaría de Medio Ambiente debe dar as explicacións pertinentes e as solucións inmediatas e alternativas que minimicen as discriminacións producidas por tal situación.

Melide 13 de xaneiro de 2015

 

O Presidente da Asociación_de Troiteiros "Río Furelos"

Asdo: XI    Pazo Blanco

DELEGACIÓN TERRITORIAL DE A CORUÑA. XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE. SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA. EDIFICIO ADM. SERVIZOS MONELOS. PRAZA LUIS SEOANE 52 ANDAR. 15071 A CORUÑA.

Hemeroteca