06:35 h. martes, 21 de mayo de 2024

OS AXENTES INTERCEPTARON TRES INDIVIDUOS PESCANDO DE NOITE EN éPOCA DE VEDA, O QUE CONSTITúE UNHA INFRACCIóN GRAVE.

Desmantelada unha banda de furtivos no río Xallas

trueiro.com  |  25 de septiembre de 2014 (00:28 h.)
Imagen del decomiso llevado a cabo por los agentes medioambientales.

Axentes do Distrito Forestal V, da área de Fisterra, desmantelaron unha banda que se dedicaba ao furtivismo nocturno no río Xallas. Os axentes conseguiron interceptar aos furtivos durante un servizo nocturno que efectúan durante todo o ano e que intensifican especialmente no tramo final de verán.

Nesta época do ano, os encoros da zona teñen un nivel de auga menor, o que fai que as troitas de maior tamaño suban aos ríos. Esta circunstancia é aproveitada polos furtivos, que neste caso utilizaban canas e non outros métodos aínda máis daniños, que se teñen atopado noutras operacións.

Os axentes que participaron neste seguimento, que se prolongou durante varias noites, explicaron que en presas como a de Outeiro, en Santa Comba, rexistran anualmente entre 300 e 400 troitas de grandes dimensións (de tres ou catro quilos e incluso máis) capturadas de maneira legal, na tempada de pesca e en horario diurno.

Os actos denunciados supoñen unha infracción tipificada como grave, por pescar en época de veda e en horario nocturno, o que comporta unha sanción de entre 3.000 e 6.000 euros. Ademáis das capturas, foron decomisadas as ferramentas utilizadas polo grupo. Os axentes traballan no seguimento de máis casos deste tipo, que con frecuencia destinan as troitas ao mercado clandestino.

Hemeroteca