00:19 h. miércoles, 22 de mayo de 2024

O director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira presentou hoxe o Manual de custodia fluvial

trueiro.com  |  06 de noviembre de 2014 (15:59 h.)
O director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, e a presidenta de Adega, Virxinia Rodríguez, presentarán en rolda de prensa o Manual de custodia fluvial en Galicia. Sala de xuntas da Consellería de Medio Ambiente. 
foto xoán crespo
29/10/14

O director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, e a presidenta de Adega, Virxinia Rodríguez, presentaron hoxe o Manual de custodia fluvial, un traballo coordinado entre ambas partes.

O director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, e a presidenta de Adega, Virxinia Rodríguez, presentaron hoxe o Manual de custodia fluvial, un traballo coordinado entre ambas partes.

O director de Augas de Galicia cualificou a custodia fluvial como “un paso adiante na relación da sociedade cos ríos, xurdindo do propio interese dunha parte da poboación en afondar no coidado e na posta en valor dos ecosistemas fluviais, promovendo nestes melloras respectuosas co medio natural”.

Gonzalo Mosqueira precisou que “o medio hídrico necesita que os cidadáns dean un paso máis, polo que hai que camiñar cara a corresponsabilidade na xestión dos nosos recursos naturais”. Engadiu que “acadar o bo estado de todas as masas de auga non é soamente responsabilidade dunha única Administración ou de todas estas coordinadas, xa que é unha esixencia que a sociedade se impón a si mesma e, como tal, necesita dun traballo conxunto”.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Adega definen este manual como “unha oportunidade única para sensibilizar a sociedade en relación aos ríos”. Por isto, ambas partes marcan o obxectivo común de animar e facilitar o labor de todas aquelas persoas ou grupos que queren traballar neste sentido.

Mosqueira destacou que este manual é “unha guía para aquelas persoas ou asociacións que pretenden adquirir un maior compromiso na mellora dun treito dun río, desenvolvendo actuacións concretas de custodia e recuperación fluvial”.

O manual pretende ser unha axuda para as seguintes accións:

• Promover a realización de traballos que melloren ou conserven as contornas fluviais.

• Distinguir as diferentes fases nas que levar a cabo actuacións nos ríos e ribeiras.

• Deseñar proxectos de adopción de ríos e custodia fluvial, tendo en conta a lexislación sectorial, os posibles axentes que poden intervir no proxecto e mostrar outras experiencias que axuden aos interesados nesta actividade.

A continuación, detállase unha relación de iniciativas para desenvolver nos ecosistemas fluviais.

O Manual de custodia fluvial establece unha serie de pasos a seguir para conseguir o éxito do proxecto a levar a cabo. Así, o primeiro punto será acordar unha idea de custodia; logo, deseñar o proxecto; a continuación, executar a actuación; e finalmente, avaliar e facer seguimento das accións realizadas.

Proxecto Ríos

Mosqueira tamén lembrou que a elaboración do manual foi unha demanda do voluntariado ambiental do Proxecto Ríos, que cumpre dez anos como “iniciativa de sensibilización e educación ambiental con respecto aos ríos, que responde con creces a esta expectativa de traballo en común”.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Adega renovaron este ano o convenio polo que se desenvolve o Proxecto Ríos, que para 2014 conta cunha achega económica de 50.000 euros por parte de Augas de Galicia. Cabe citar que o investimento aportado pola Xunta dende a posta en marcha desta iniciativa ascende a 350.000 euros.

Co desenvolvemento deste programa achéganse os ríos e as súas bacías á sociedade, a través de actividades de inspección, determinación do estado das súas augas, xornadas formativas puntuais ou sesións de limpeza de ríos colectiva. O proxecto culmina responsabilizándose da vixilancia de determinados tramos de río. Na actualidade, o plan ten un alcance elevado, contando cuns 300 grupos de voluntarios que dedican dous días ao ano a facer o seguimento de tramos dos ríos da súa elección.

Xunta de Galicia.

Hemeroteca