11:04 h. martes, 21 de mayo de 2024

Xornada sobre a pesca do salmón á mosca

trueiro.com  |  29 de octubre de 2014 (16:39 h.)
Xornada sobre a pesca do salmón á mosca

Día de verán e gran participación, con varias ducias de pescadores, na xornada sobre o lance con cana de dúas mans (Spey) organizada pola Sociedade de Pesca de Soutomaior coa Dirección Técnica de Paco Porto.

Día de verán e gran participación, con varias ducias de pescadores, na xornada sobre o lance con cana de dúas mans (Spey) organizada pola Sociedade de Pesca de Soutomaior coa Dirección Técnica de Paco Porto.

José Ramón Amoedo Parada, Presidente da sociedade deu a benvida a todos.

Despois da clase teórica nun salón do Hotel Isape de Arcade, os participantes se desprazaron á Xunqueira, na desembocadura do rio Verdugo para pór en práctica a aprendizaxe sobre o Spey tradicional impartido por Roberto Caldeiro.

O Instructor EFFA, a pesar das limitacións físicas por unha operación cirúrxica (tres dedos rotos) deu unha lección maxistral sobre a metodoloxía dun lance que se está poñendo de moda entre os pescadores galegos de salmón a mosca.

Caldeiro foi un por un correxindo defectos a aportando sabeduría e coñecemento. Nin que dicir ten, que a pesar das limitacións da man, acadou os mellores lances.

Como final da mañá. Alguns participantes se desprazaron á confluencia do Oitavén co Verdugo. Magnífica paraxe natural.

Pola tarde, o montador Antonio Vilariño e os Artesáns Paco Porto e Jorge Rodríguez Maderal puxeron sobre a mesa e o torno as súas mellores creacións de moscas para a pesca do salmón.

Entre os asistentes, sorteáronse varios exemplares do libro “Cousas da mosca” de Trueiro Edicións.

Hemeroteca