00:21 h. miércoles, 01 de mayo de 2024

«O Miño. Un Caudal de Historia» De Anselmo López Carreira

trueiro.com  |  15 de abril de 2015 (12:58 h.)
«O MIÑO. UN CAUDAL DE HISTORIA» DE ANSELMO LÓPEZ CARREIRA

O Miño, atravensando toda Galicia en diagonal, constitúe un factor de primeira magnitud no cicelado da historia do país.

O Miño, atravesando toda Galicia en diagonal (ou toda a Gallaecia xuntándolle o Sil), constitúe un factor de primeira magnitude no cicelado da historia do país. O seu fluír vainos suxerindo momentos moi diversos que se nos presentan sen orde cronolóxica. Se o lector reordenase os capítulos conforme a secuencia temporal, comprobaría que o panorama abrangue desde os tempos máis recuados ata o presente. Todo o existir da nación.

Anselmo López Carreira, nacido en Vigo en 1951, foi deslocalizado a Ourense xa de neno. Licenciado e doutorado en Historia na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse na Idade Media galega. O primeiro ámbito de investigación foi a cidade, con estudos centrados en Ourense: “Ourense no século XV”(1991), “A cidade de Ourense no século XV”(1998) ou ampliados ao fenómeno urbano medieval galego “A cidade medieval galega”(1999). Outros campos de interese, non apartados do marco urbano, son o movemento das Irmandades do século XV: “A Revolución Irmandiña” (1987), “Os irmandiños. Textos, documentos e bibliografía”(1991) e a edición de fontes documentais: “Padróns de Ourense do século XV” (1995), “O pleito das fortalezas da cidade de Ourense” (1998), “Libro de Notas de Álvaro Afonso” (2000), “Fragmentos de Notarios” (2007), “Libro de protocolos de Xoán García” (2007). De índole máis xeral son os seus traballos referentes ao reino medieval, con títulos como “Os reis de Galicia” (2003) ou “O reino medieval de Galicia” (2005), e a participación en varias obras colectivas de Historia de Galicia. Profesionalmente é catedrático de ensino secundario en Cangas do Morrazo e profesor-titor de Historia Medieval e Paleografía no centro da UNED en Ourense. En Xerais ten publicados os libros “Historia de Galicia” (2013) e “O Miño. Un caudal de historia” (2015).

 

Edicións Xerais de Galicia, S. A. Doutor Marañón, 12- 36211 Vigo Tlf: 986 214 888 - Fax: 986 201 366

Enderezo Electrónico.: xerais@xerais.es - Web: http://www.xerais.gal - Blog Xerais: blog.xerais.es

 

XERAIS LIBROX (1379509)

248páxinas

ISBN: 978-84-9914-779-6

P.V.P: 12,50€

Hemeroteca