08:33 h. martes, 21 de mayo de 2024

Verán con temperaturas de 46º en España en 2050

trueiro.com  |  10 de abril de 2015 (15:09 h.)
Imagen de la playa de Samil en Vigo

En 2008, o secretario da Convención de Nacións Unidas sobre Cambio Climático, Yvo de Boer, díxolle a Aznar que chegaría a ver o Sáhara español dende a súa casa.

En 2008, o secretario da Convención de Nacións Unidas sobre Cambio Climático, Yvo de Boer, díxolle a Aznar que chegaría a ver o Sáhara español dende a súa casa.

En 2050 España terá o clima de Marrocos se non se actúa contra o quecemento global. Esta será unha das consecuencias da suba das temperaturas e a baixada das precipitacións segundo conclúe un informe presentado por EQUO dirixido polo climatólogo e membro do Panel Internacional para o Cambio Climático da ONU Jonathan Gómez Cantero.

Cun aumento da temperatura de 2º C, o sur de Europa terá un clima semellante ao norte de África mentres o norte de Europa mudaría ata ter un clima semellante ao que agora temos no sur do continente.

Ademáis dos impactos medioambientais, o informe alerta dos impactos económicos que poden alterar a economía como por exemplo o sector marisqueiro en Galicia coa suba da temperatura do mar ou a producción de olivas en Andalucía.

Para evitar este escenario, os autores do estudo propoñen transformar o modelo productivo e de consumo actual, en particular o enerxético e o alimentario con fin de diminuir o impacto na temperatura media do planeta.

O informe advirte que os ecosistemas acuáticos continentais e as zonas costerias sufrirán intensamente os efectos.

Os bosques terán que enfrontarse a un maior número de secas e incendios, e os ambientes de alta montaña poderán quedar exentos de neve e glaciares en prácticamente toda Europa.

En 2008, o secretario executivo da Convención de Nacións Unidas sobre Cambio Climático, Yvo de Boer, advertíu ao presidente do Goberno español José María Aznar de que en poucos anos podería ver o 'Sáhara español' dende a ventá da súa casa.

 

Hemeroteca