19:54 h. martes, 21 de mayo de 2024

Proxecto Ríos - Resultados do Informe Anual 2014

trueiro.com  |  12 de febrero de 2015 (22:12 h.)
Paco Bañobre. Coordinador do Proxecto Ríos

O informe do estado de saúde dos ríos galegos que presenta o Proxecto Ríos establece unha fotografía do estado ecolóxico dos nosos ríos a partir das análises realizadas durante as campañas de primavera e outono polo voluntariado participante

O informe do estado de saúde dos ríos galegos que presenta o Proxecto Ríos establece unha fotografía do estado ecolóxico dos nosos ríos a partir das análises realizadas durante as campañas de primavera e outono polo voluntariado participante. Preséntanse os resultados das inspeccións realizadas, a metodoloxía empregada na realización do informe e as actividades máis importantes desenvolvidas durante o ano 2014.

Existe en 2014 unha diminución acusada dos treitos en moi bo estado de saúde, sobre todo durante a campaña de outono (en 2013 foron o 40%) acadando so o 23%. Os treitos en estado bo se manteñen en valores parecidos aos anos 2012 e 2013. Porén, apréciase un lixeiro aumento dos ríos con saúde moderada e deficiente con respecto a 2013, que de media representaban o 10% – 20% do total dos treitos estudados. En 2014 esta porcentaxe aumenta ata o 15% - 20%. Os valores máis negativos se corresponden cos ríos Sil, Baa, Chanca, Mero e Limia en primavera; en outono os ríos con saúde deficiente foron o Sar, dous treitos do Lonia, do Limia e do Mero, e o río Saíñas.

Ningún dos treitos estudados amosou niveis malos de saúde en primavera. En outono, o río Sar despois do seu paso por Bertamiráns no concello de Ames, o río Lagar e dous treitos do río Mero ao seu paso por Cambre presentaron unha mala calidade ecolóxica.

 

Hemeroteca