00:40 h. miércoles, 22 de mayo de 2024

Rafael Cudeiro novo Secretario Xeral da Asociación Española de Axentes Forestais e Medio Ambiente (AEAFMA)

trueiro.com  |  27 de octubre de 2014 (09:49 h.)
Rafael Cudeiro novo Secretario Xeral da Asociación Española de Axentes Forestais e Medio Ambiente

Propoñeranlle a todos os grupos políticos que unha norma básica regule as funcións, a estrutura e o itinerario formativo da profesión en todo o Estado

22 de outubro de 2014.- Rafael Cudeiro, axente facultativo medioambiental do Distrito XII (Miño-A Arnoia), é o novo secretario xeral da Asociación Española de Axentes Forestais e Medioambientais (AEAFMA). Foi designado tras a asemblea extraordinaria da entidade na que se escolleu unha nova xunta directiva.

Cudeiro formaba parte da candidatura encabezada por Luís Díaz Villaverde, actual presidente da Asociación de Axentes Medioambientais de Castela-A Mancha e con ascendencia en Ponteareas. A candidatura obtivo o respaldo case unánime dos votos presentes e delegados na asemblea, xa que unicamente se rexistrou algunha abstención.

Cudeiro, que anteriormente fora vicepresidente da Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia (APRAFOGA), explica que unha das primeiras iniciativas da nova xunta directiva vai ser reunirse con todos os grupos políticos para trasladarlles as necesidades do colectivo. A intención é situar na súa axenda a proposta dunha norma básica que regule as funcións, a estrutura e un itinerario formativo común da profesión no conxunto do Estado.

APRAFOGA ofrece o seu apoio á nova xunta directiva de AEAFMA, tanto polas súas formulacións con respecto ao colectivo profesional como por incluír un dos seus asociados cun cargo de tanta relevancia como o de secretario xeral. A asociación galega agradece tamén o esforzo e dedicación de todos os integrantes da anterior xunta directiva de AEAFMA.

Hemeroteca